SÁBADO 24 MARZO ÁS 17:00 NO MUSEO MAN DE CAMELLE
Os ecosistemas mariños están gravemente ameazados polo consumo de plásticos e, de todo tipo de materias tóxicas que de forma diaria consumimos.Traballos científicos coinciden en sinalar que supoñen un grave perigo para a vida mariña e, para nós mesmos porque os consumimos de forma directa a través, por exemplo, da cosmética. Un problema de alcance mundial que é preciso dar a coñecer.
Porque… ¿Canto tardan en desaparecer os plásticos que chegan ao mar ou á costa? ¿De que maneira se desintegran? ¿Que pasa se os peixes os comen? ¿Conteñen plásticos os productos de hixiene e maquillaxe? ¿Son seguros os seus ingredientes? ¿Que son os parabenos, os ftalatos, os PEG, …?
Manfred Gnädinger abordou dende cedo esta cuestión, revelandoa na súa obra a través dos plásticos que recollía na súa contorna e, que transformaba nas coñecidas crebas de plástico. Neste senso, dende o Museo Man de Camelle, queremos darlle continuidade, apostando pola concienciación, a divulgación e; promovendo prácticas respetuosas co medio ambiente e, de consumo responsable.
Dirixida a tódolos públicos.
PROGRAMA:
» A contaminación por microplásticos no medio mariño.
Juan Bellas Bereijo
Profesor de Investigación OPIs
Instituto Español de Oceanografía (IEO)
Centro Oceanográfico de Vigo
» Máis aló da beleza. Avaliación da presenza de sustancias potencialmente tóxicas en cosméticos.
Dra. María Celeiro Montero
Departamento de Química Analítica, Nutrición y Bromatología
Universidade Santiago de Compostela
» Cosmética natural, a alternativa sana e sostible.
Mara Esmorís
Enxeñeira Química e Cosmetóloga
Xerente de lily & WHITE (alta cosmética orgánica)
INFORMACIÓN PRÁCTICA:
Correo electrónico: museodoman@camarinas.net
Teléfono: 665 133 864.
Enderezo: Rúa do Muelle nº9 C.P 15121 Camelle – Camariñas.