Aberto o plazo para anotarse para participar no programa de Andainas Coñece a Costa da Morte. A primeira andaina será a de Arou Camariñas dentro do programa Coñece Camiños do Concello de Camariñas.
Para anotarse chamar ao 981736000 ou pasar polo Concello de Camariñas, departamento de Deportes ou enviar un email a fran.puga@camarinas.net, indicando, se se queren anotar a todas as Andainas, ou só á de Camariñas.
As usuarias e usuarios das actividades deportivas poderán anotarse a través dos monitores deportivos das diferentes actividades municipais de adultos, Juan Ramón, Alberto ou Luis.
Data límite de anotación o xoves 5 de abril ás 13h, os días 27 e 28 de marzo só a través de correo electrónico.
Poderán participar nas Andainas todas aquelas persoas nadas antes do 2011 (incluído). As persoas menores de idade deberán ir sempre acompañadas por maiores de idade responsables delas.