A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 13 de marzo as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
Destinatarios / as: - Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2018, nacionais ou estranxeiras.
Prazo de inscrición: - Do 14 de marzo ao 14 de abril de 2018 (inclusive)
Datas de realización das probas:
- Celga 1: 3 de xuño de 2018
- Celga 2: 27 de maio de 2018
- Celga 3: 2 de xuño de 2018
- Celga 4: 26 de maio de 2018
Se o número de aspirantes non permitise a realización da totalidade das probas orais no día sinalado nesta resolución, a Comisión Central de Avaliación determinará o día ou días en que terá lugar a devandita avaliación oral, que serán debidamente publicitados na páxina web www.lingua.gal
As probas desenvolveranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada proba de nivel Celga.
Contía das taxas de exame: 15,93 €
Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas.
Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tres opcións:
- Preparalo pola vosa conta
- Axudarvos dos materiais que podedes descargar de xeito gratuíto na páxina web da Xunta de Galicia no enlace http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga Aquí atoparedes modelos de exames de convocatorias anteriores así como diversos materiais didácticos escritos, de vídeo e audio.
- Asistir a un dos cursos gratuítos preparatorios organizados pola Xunta de Galicia.
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180313/AnuncioG0164-070318-0001_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
www.lingua.gal
ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981 737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES:9:00 – 15:00