COMUNICADO DA VII CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
Á vista das previsións meteorolóxicas, publicadas pola Axencia Estatal de Meteoroloxía, nas que se establece un nivel de alerta laranxa para a zona Oeste da Coruña, con ventos que superan os 110 km/hm, e en base ao establecido no regulamento da proba no seu punto 5.5, a organización da carreira decide APRAZAR a proba para o DOMINGO 25 de MARZO, co fin de garantir a seguridade de todos os participantes. Mantéñense os horarios das distintas carreiras, así como os de apertura da mesa para recollida de dorsais e bolsa do corredor.
Aproveitamos a ocasión para comunicarvos que podedes descargar a aplicación para móbil “Correndo pola Costa da Morte”, dispoñible tanto para IOS como para Android, a través da que vos manteremos informados de calquera novidade que se produza tanto relacionada coa carreira de Camariñas, como con calquera outra carreira do Circuíto Correndo pola Costa da Morte.