O Concello

Departamentos

* OS NENOS E NENAS DE CAMARIÑAS COÑECEN O CONCELLO IRMÁN DE LA TURBALLE 26/02/2018

OS NENOS E NENAS DE CAMARIÑAS COÑECEN O CONCELLO IRMÁN DE LA TURBALLE

O Concello francés de La Turballe está irmandado con Camariñas e ámbolos dous desenvolverán neste ano  actividades para reforzar os lazos de amizade e comerciais. Camariñas comezou na Biblioteca Municipal o programa de animación á lectura coa actividade O Berberecho Rebecho visita La Turballe. Dende o 23 de xaneiro ao 20 de marzo os nenos e nenas de 3 a 6 anos e aos seus proxenitores coñeceran as diferenzas e similitudes da localidade francesa coa vila camariñá. 

Entre as actividades realizadas está a elaboración dun pequeño conto ilustrado que ten como protagonista a  mascota da biblioteca municipal de Camariñas, O Berberecho Rebecho, unha visita virtual de La Turballe,  unha sesión gastronómica de elaboración de crêpes cubertas de caramelo con manteiga salgada, difusión de receitas e  cultura gastronómica da poboación veciña,  xogos de cartas infantís con símbolos nas  linguas dos dous países, exposición de material bibliográfico da localidade francesa e outras. 

O programa 2018 de irmandamento está a rematarse nestas semanas e ofrecerá visitas organizadas e intercambios entre a cidadanía,empresariado, asociacións culturais, deportivas e sociais de ámbolos dous concellos. A próxima cita será no mes de maio, onde desembarcará en Camariñas un grupo de persoas de La Turballe para coñecer o concello e aos seus habitantes.

Máis información:
Axencia de Desenvolvemento Local
do Concello de Camariñas.
981 737 004 adl@camarinas.net


© by Abertal