O Concello

Departamentos

* CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE 26/02/2018

CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN COMPETENCIAS CLAVE

Xunta de Galicia vén de convocar no DOG do 26 de febreiro probas de avaliación en competencias clave para acceder ós certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación. As competencias clave que se convocan son as seguintes: 

· Comunicación en lingua galega 
· Comunicación en lingua castelá 
· Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
 · Competencia matemática 

As competencias clave requiridas para
todos os certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 son competencia matemática, comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua galega.

A competencia de comunicación en lingua estranxeira soamente se require nos certificados de profesionalidade que teñen un módulo formativo en lingua estranxeira (consultar na resolución do DOG) 

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 23 de marzo de 2018  

RESOLUCIÓN DO DOG:
 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180226/AnuncioG0424-200218-0001_gl.pdf 

NO SEGUINTE ENLACE PODEDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN RELATIVA ÁS COMPETENCIAS CLAVE ASÍ COMO ALGÚNS EXEMPLOS DE PROBAS
http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 15:00

Descargas relacionadas


© by Abertal