O Concello

Departamentos

* NOVA APLICACIÓN DE MENSAXERÍA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS 21/02/2018

NOVA APLICACIÓN DE MENSAXERÍA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

O Concello de Camariñas vai comezar a empregar unha plataforma de mensaxería móbil para comunicarse coa veciñanza, empresas, asociacións e visitantes. Trátase de TokApp, unha aplicación deseñada en Galicia que xa se está utilizando na Gardería Municipal. Quen o desexe, pode instalala no móbil e subscribirse ao perfil do concello picando no enlace https://www.tokappschool.com/suscripcion/932282 
Agarda a que o concello actualice a base de datos, e inclúa o teu rexistro, para comezar a recibir comunicados.

A través de esta app se recibirá unicamente información sobre os temas que cada persoa seleccione. De momento, está activada a subscrición á información xeral. Ademais, pouco a pouco irán creándose grupos pechados para informar ás persoas que participan nos cursos e actividades culturais e deportivas, na rede de comercio, na de hostalería, na biblioteca, no servizo de emprego, no directorio empresarial e noutras areas.  

Aínda que é tan sinxela de utilizar como outras aplicacións de mensaxería, o técnico informático municipal axudará a instalala e explicará o seu funcionamento a quen o solicite, na Aula de Informática, de 13:30 a 14:30, teléfono 981 73 65 06.  

Esta plataforma móbil vai permitir recibir información instantánea de forma segura e respectando a privacidade e a confidencialidade exixidas pola Lei de Protección de Datos. Por tanto, non se van recibir mensaxes que non teñan que ver con cada actividade en concreto, ou ás que non se estea subscrito, nin tampouco publicidade nin mensaxes non desexados. O uso da aplicación polo Concello de Camariñas vai supoñer un aforro de papel, tinta, chamadas e tempo.  

A parte da rede Galiña Azul da Xunta de Galicia, estana utilizando concellos como os de Ames, Arteixo, Cerceda ou Negreira. TokApp conta con máis de medio millón de usuarios e é a app número un de comunicación educativa a nivel nacional.


© by Abertal