O Concello

Departamentos

* Correndo pola Costa da Morte 15/02/2018

Correndo pola Costa da Morte

O circuíto de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte, acaba de botarse a andar, dende mércores día 7 de febreiro  xa está aberto o período de inscrición na web www.championchipnorte.com, tanto para as inscripcións no circuíto como para a primeira carreira do mesmo  que se desenvolverá en Camariñas o domingo día 11 de marzo, VII Carreira Pedestre Concello de Camariñas. 

O circuíto no seu quinto aniversario, conta con páxina web propia, www.correndopolacostadamorte.com, na cal vai  estar toda a información relativa ao circuito e tamén con App que xa se pode descargar para Android en google play e en breve para iphone en app store IOS. 

A  App usarase para  notificacións puntuais aínda que dende a APP tamén se poderá ver todo o contido da web. Se os usuari@s entran na app terán acceso a todo o que hai na web.  

Polo tanto a aplicación imos empregala para notificacións puntuais que chegarán de maneira inmediata a todos os atletas que a teñan descargada.

Descargas relacionadas


© by Abertal