O Concello

Departamentos

* PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2018 09/02/2018

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2018

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 8 de febreiro as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio

Requisitos:
-          Persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a un ciclo formativo de grao medio e teñan 17 anos ou os fagan durante o 2018 

Prazo de inscrición: Do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior

Requisitos:
-          Persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a un ciclo formativo de grao superior e teñan 19 anos ou os fagan durante o ano 2018

Prazo de inscrición: Do 8 ao 23 de febreiro, ambos os dous incluídos. 


ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180208/AnuncioG0164-310118-0001_gl.pdf
 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA
981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 15:00


© by Abertal