O Concello

Departamentos

* PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS 25/01/2018

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 23 de xaneiro pola que se convocan as probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) para maiores de 18 anos, nas convocatorias de maio e setembro.

 Requisitos das persoas aspirantes:  

-       Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba. 
-       Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria. 
-       Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2017/2018 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica. 
-       O alumnado matriculado durante o curso 2017/18 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións: 

• Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos. 

• Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Prazos de matrícula:
 

Convocatoria de maio: do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos
Convocatoria de setembro: do 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Resolución do DOG:
 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180123/AnuncioG0164-110118-0001_gl.pdf 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA
981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 15:00


© by Abertal