A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 23 de xaneiro pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.
Requisitos das persoas aspirantes:
- Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2018
- Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
- Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2017/18
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Os/as aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais, os/as aspirantes que teñan superadas as materias xerais e as materias troncais de opción propias da modalidade de Artes.
Prazo de presentación de solicitudes: do 23 de febreiro ó 9 de marzo de 2018
Resolución do DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180123/AnuncioG0164-110118-0002_gl.pdf
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 9:00 – 15:00