A partires do mércores 24 de xaneiro, vaise poñer en funcionamento un novo servizo municipal de recollida de papel e cartón porta a porta a demanda nos establecementos comerciais do noso concello.
A recollida se realizará cada 15 días, sempre en mércores. Cando se teña cartón ou papel para ser recollido, deberase chamar ao teléfono do Concello de Camariñas, o 981 73 60 00, pulsando 1 (administración xeral), e indicar o nome e dirección do seu establecemento. Nese momento se lle informará do día e máis da hora aproximada no que se fará a recollida. O martes 23 será o último día para chamar para esta primeira recollida do mércores 24. O servizo é gratuíto.
Esperamos que este servizo sexa do interese dos comercios. Dende o concello cremos que vai facilitar a xestión dos residuos de papel e cartón dos establecementos e contribuír á limpeza e a calidade ambiental do noso municipio