O Concello

Departamentos

* FOXO DOS LOBOS DE CAMARIÑAS. 17 e 30 de decembro 13/12/2017

FOXO DOS LOBOS DE CAMARIÑAS. 17 e 30 de decembro

A asociación Dequenquen de Camariñas coa subvención da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello de Camariñas, organiza dous actividades para dar a coñecer o foxo dos lobos de Camariñas. 

- O domingo 17 de decembro ás 11:30h na Casa de Pedra de Camariñas. David Perez Lopez falará da caza do lobo na cultura popular.

- O sábado 30 de decembro ás 11:30h poderemos asistir no mesmo foxo dos lobos, na zona de Reira, a un espectáculo que recrea cómo se organizaban e realizaban as batidas para a caza do lobo empregando este foxo.

O foxo de lobos de Camariñas é unha construción tradicional (s. XVI) que servía para cazar ao lobo. É a única da provincia da Coruña. Ten a singularidade de empregar como barreira natural a liña de costa das praias de Reira.

Achegate ata Camariñas e coñece máis sobre o Foxo dos Lobos!!
Máis información sobre o foxo dos lobos de Camariñas

http://www.turismocamarinas.net/que-hacer/fosse-aux-loups-2/?lang=gl


© by Abertal