O Concello

Departamentos

* UN DISTINTIVO PARA AS EMPRESAS COLABORADORAS CO PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO NA COSTA DA MORTE 05/12/2017

UN DISTINTIVO PARA AS EMPRESAS COLABORADORAS CO PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO NA COSTA DA MORTE

Os concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxia e Vimianzo agradecen a súa colaboración ás empresas participantes nas tres edicións do programa de estadías para mocidade Deseñando o teu futuro na Costa da Morte, subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Máis de 30 empresas colaboraron neste programa nos tres últimos anos.  

Os concellos agasallaron cun distintivo a estas empresas pola súa desinteresada participación e colaboración para achegar á mocidade a realidade e as boas prácticas empresariais na Costa da Morte. Neste programa participaron máis de 70 rapaces e rapazas dos concellos participantes, realizando formación sociolaboral, estadías en máis de 30 empresas e visitas guiadas a 9 boas prácticas empresariais dos catro concellos.


© by Abertal