O Concello

Departamentos

* MUSEO MAN DE CAMELLE. 15 ANOS SEN MAN 04/12/2017

MUSEO MAN DE CAMELLE. 15 ANOS SEN MAN

O vindeiro 28 de decembro cúmprense 15 anos do pasamento de Man. Na súa honra queremos adicarlle un día cheo de actividades para lembralo.

Da man do artista Antón Sobral, o día 16 de decembro celebraranse no Museo Man de Camelle as seguintes actividades de acceso gratuíto:

-10:30 h-12:30 h“Obradoiro sobre crebas”

O Colectivo artístico “Retoque Retro” fará un obradoiro dirixido a todos os nenos e nenas do Concello de Camariñas no que tratarán de concienciar sobre á reciclaxe do lixo, neste caso para transformalo en arte. (máximo 50 asistentes)

13:00 h. Xurxo Souto  charla“Man e o mar”

O escritor e actor galego dará unha conferencia sobre a relación de Man co mar.

-17:00 h. Concerto “Mardeafora”

Mardeafora xorde do desexo de contar historias a través da música, gozando no proceso. Miguel Villanueva (guitarra), Xavier Blanco (guitarra), e Alba Blanco (voz) compoñen a formación deste proxecto. Tamén poderase visitar a exposición permanente ou ver como avanzan os traballos de rehabilitación da casa de Man que para ditas datas estarán a piques de rematar.

Para máis información chamar ao teléfono do Museo Man de Camelle: 981 710 224.  

Para máis información: https://museomandecamelle.com/2017/11/26/15-anos-sen-man/

Descargas relacionadas


© by Abertal