O Concello

Departamentos

* QUEROTE + OBRADOIRO DROGAS 29/11/2017

QUEROTE + OBRADOIRO DROGAS

Dende os centros Quérote+ apóstase polo traballo conxunto cos diferentes axentes educativos e como non hai dúbida de que a familia é un dos axentes fundamentais, créase o programa “Redes familiares”. O equipo profesional dos centros Quérote+, a través deste programa, pretenden dar a coñecer o recurso e crear un espazo no que nais e pais poidan expresar as súas inquedanzas, dúbidas e dificultades, no que poidamos aprender conxuntamente e que todas e todos poidamos reflexionar sobre as diferentes temáticas que se presentan. O Concello manifestou o seu interese no programa “Redes familiares” e solicitou o obradoiro sobre drogas.

O obxectivo xeral é dar a coñecer os centros Quérote+ como un servizo público, gratuíto e confidencialpara a mocidade, pero tamén no ámbito familiar e educativo, de xeito que estes centros sexan referencia na abordaxe das diferentes temáticas que tratan.Na solicitude do obradoiro xa se abrira un prazo de inscrición.

Agora, unha vez conseguido o obradoiro, convidamos  a todos e todas as que queiran a participar.


© by Abertal