O Concello

Departamentos

* Manifestación do ensino de Camariñas contra as violencias machistas 28/11/2017

Manifestación do ensino de Camariñas contra as violencias machistas

Este luns 27 tivo lugar a manifestación contra a violencia de xénero dentro da Campaña "En negro contra as violencias machistas”. Estiveron presentes Sandra Insua, concelleira de Servizos Socias e Igualdade, outros membros da corporación, e o alumnado e profesorado dos CEIP de Camariñas e Ponte do Porto e do IES Pedra de Aguia. No acto, proxectáronse vídeos elaborados polo alumnado 6º do CEIP Ponte do Porto e do grupo da biblioteca do IES Pedra da Aguia, léronse dous poemas de Alba Canosa, “Valentía” e “Sentidos”, e o manifesto “Camariñas contra a violencia de xénero”. Finalmente, proxectouse un vídeo coas empresas e establecementos de Camariñas que participaron na campaña “Camariñas en Negro”.

Galería fotográfica http://bit.ly/2AeGFVL

Vídeos presentados

Que Nadie - CEIP Ponte do Porto
https://youtu.be/7iP32cFFz6w

Contra Violencia IES Pedra da Aguia
https://youtu.be/FBvLKAJF-6M

Establecementos Camariñas en Negro
https://youtu.be/PqNF0hUqkao

Videos relacionados

Descargas relacionadas


© by Abertal