O Concello de Camariñas, a veciñanza, as empresas e as escolas uníronse a esta campaña promovida por máis de 70 Concellos galegos que ten como obxectivos:
o Fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito municipal a través da coordinación entre concellos.
o Implicar a toda a cidadanía nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas.
o Identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás da violencia de xénero a través do uso de materiais de campaña por parte da cidadanía, establecementos comerciais e axentes sociais.
Mais de cen entidades de Camariñas, entre empresas, asociacións, colectivos, clubs deportivos , centros educativos acolleron dende o primeiro momento esta iniciativa e colocaron os carteis e camisetas divulgativas sobre a campaña.
A técnica de igualdade do Concello de Camariñas impartiu talleres de igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero, tanto no CEIP O Areal como no CEIP Ponte do Porto. Os obradoiros foron dirixidos ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Visionáronse vídeos para aprender a distinguir patróns violentos e as distintas manifestacións de cada tipo de violencia. O alumnado de 3º e 4º elaborou ramiños de flores cun lazo cunha mensaxe significativa. O alumnado de 5º e 6º aprenderon mediante o xogo do “Pasapalabra Inclusivo” accións, conductas e sentimentos relacionados coa desigualdade e violencia de xénero e coa igualdade, respecto e non violencia de xénero. O Obxectivo dos talleres foi facilitar a prevención, detección e eliminación de manifestacións de violencia substituíndoas por outras que demostren respecto e igualdade.
O luns 27, as 11:00 na praza do concello, haberá unha manifestación contra a violencia machista. Esta se trasladará ao pavillón municipal dependendo da meteoroloxía.