O Concello

Departamentos

* ACTIVIDADES 2017-2018 11/09/2017

ACTIVIDADES 2017-2018

O Concello de Camariñas abre o prazo para apuntarse ás actividades municipais. Este ano, ademais das actividades de sempre, temos como novidades pack xoga e aprende, pack multideportivo, o berberecho rebecho, Camelle animación, tempo entre costuras, linguaxe musical, canto/técnica vocal, cantareiras e menos é máis.
Descarga o programa de actividades e inscríbete antes do 25 de setembro.

Axuda, información e follas de inscrición en:

  • Despacho de deportes na Casa do Concello: de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00. Teléfono: 665134152. Email a deportes@camarinas.net
  • https://sede.camarinas.net/
  • O 14 e 15 de setembro tamén no pavillón de Ponte do Porto de 9:30 a 12:00 e na Casa do Alemán de Camelle de 11:00 a 13:00.
Forma de pago:
  • Na conta de Abanca ES20 2080 0061 5631 1000 0060. Poña no concepto “NOME DAS ACTIVIDADES E NOME DO ALUMNO/A”. O importe é a taxa multiplicada por 7 meses. Tamén se pode pagar en 4 plazos: o 1º un mes no momento da inscrición e os seguintes pagos cada dous meses. Deberán presentar o xustificante dos pagos no rexistro municipal. Se o usuario non comunica a baixa voluntaria esixiráselle o pago anual da actividade na que está inscrito. Non se paga xaneiro en compensación da anulación de actividades en días non lectivos. Non pagarán as persoas de RISGA e maiores de 65 anos.
Inicio das actividades:
  • 2 de outubro (en función do horario que se indica no programa).

Descargas relacionadas


© by Abertal