O concello de Camariñas vai seguir esforzándose na súa loita pola igualdade entre mulleres e homes e contra da violencia de xénero. Para continuar con este compromiso precisa dos servizos dun profesional con experiencia e formación acreditada neste campo e diplomatura/grado/licenciatura en traballo social, educación social, socioloxía, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía ou antropoloxía social para que realice o seu cometido como traballador/a autónomo/a ou a través dunha empresa.
Temporalidade: ata decembro de 2017
Presuposto previsto: 4500€
Actividades imprescindibles:
- Revisión, corrección e remate do III PIÓN para a súa aprobación.
- Deseño das actividades necesarias para a consecución dos obxectivos reflectidos nos distintos eixes do III PIOM.
- Obradoiros de igualdade destinados aos distintos sectores da poboación.
- Preparación e realización das actividades do día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
- Implementación do programa En negro (25 novembro)
Para participar é necesario acreditar a titulación, experiencia e formación e presentar unha programación/proxecto de actividades a realizar no período sinalado debendo constar a lo menos:
- As actividades imprescindibles: programa detallado dos obradoiros e das actividades do 08/03/2018
- Novas propostas: valorarase moi positivamente as actividades complementarias que impliquen a toda a poboación na loita pola igualdade e contra a violencia de xénero
- Horario de permanencia nas dependencias municipais para atención ao público e preparación e desenvolvemento das actividades
- Presuposto detallado
Prazo de presentación de memoria/proxecto: 11/09/2017