O Concello de Camariñas organiza os días 18, 19 e 20 de agosto unha nova edición da ExpoRía Camariñas. Este evento promociona os valores e recursos da ría e mar así como a cultura mariñeira de Camariñas.
As empresas e entidades que desexen expoñer na Carpa que se situará na zona do mercado contarán cun espazo gratuíto que deberán solicitar ata o 10 de agosto. As follas de solicitude deben envíalas asinadas ao enderezo electrónico adl@camarinas.net ou presentalas na Axencia de Desenvolvemento local na Casa de Pedra de Camariñas ou na Caseta de Información Turística.
Pode participar calquera asociación, empresa, artesán ou profesional relacionado co mundo do mar, a ría e a artesanía e cultura mariñeira e/ou Camariñas: artigos e produtos do mar/ría, industria conservera, efectos navais, roupa e deportes naúticos, servizos turismo mariñeiro, produtos camariñáns, artesanías, servizos para traballadores e traballadoras do mar..
Esta EXPORía conta cun amplo programa de actividades que se desenvolverán nesas datas: exposicións, rutas guiadas, teatro e música na rúa, obradoiros para nenos e nenas, showcooking, certame de baile etc etc