O Concello

Departamentos

* NOITE DO SOLPOR EN CAMARIÑAS. FESTA DO SOLSTICIO DE VERAN 21 DE XUÑO ÁS 21:00H 13/06/2017

NOITE DO SOLPOR EN CAMARIÑAS. FESTA DO SOLSTICIO DE VERAN 21 DE XUÑO ÁS 21:00H

O Concello de Camariñas organiza un ano máis, co cofinanciamento da Deputación da Coruña, a festa do solsticio de verán. Esta celebración arraigada en ritos e tradicións ancestrais, denominase Noite do Solpor e se realiza no Monte Farelo donde está situada a capela da Virxe do Monte o día 21 de xuño. 

Como en outros tempos recuperase a tradición das romarías campestres e ás 21:00h cadaquén pode levar a súa cea e disfrutala no monte. Ás 22:30 dará comenzo o espectáculo A Noite do solpor que recupera as ceremonias ou ritos vencellados ao día máis longo do ano dos nosos ancestros. A partir do 21 de xuño os días menguan e pretendían darlle máis pulo ou forza ao sol  para que as colleitas foran boas  e os animais estivesen sans. Ritos coas pedras máxicas que sanan os males humanos e que curan os enfermos. A procura de fillos nas mulleres estériles cos baños de auga ou arrañarse nas pedras. O lume que purifica e converte o vello o apeiro que cumpriu a súa función para que lle transmite a súa esencia ao novo.Este ano incorporánse novos ritos como o vencellado ao xiro ou cambio de tella moi común nas ermidas ao carón do mar, como a Virxe do Monte no monte Farelo, onde exploraremos a súa orixe determinado polo humano para favorecer os cambios metereolóxicos.


© by Abertal