CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL
Con data do 31 de maio de 2017 . Publica a convocatoria de prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería para o curso 2017/18.
Ten por obxecto convocar en réxime de concorrencia competitiva, 220 prazas para mozos e mozas, de 16 a 30 anos, nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social (procedementos BS303B, prazas de residencias xuvenís para estudantes, e BS303D, prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras).
O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:
Cidade Residencia Núm. de prazas
Lugo Centro Residencial Xuvenil «LUG» 74 home/muller
Ourense Florentino López Cuevillas 55 home/muller
Vigo Altamar 91 home/muller
Solicitude: presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo: un mes dende o dia seguinte a publicación.
Requisitos
1. requisitos xerais:
a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
b) Non ter perdido a condición de residente por causa imputable á persoa solicitante.
c) Ter os 16 anos feitos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2017.
2. Requisitos específicos para a mocidade estudante:
a) Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios.
b) Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante.
3. Requisitos específicos para a mocidade traballadora:
a) Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
b) No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
c) No caso de ser unha persoa traballadora por conta propia será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.
Mais información:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170613/AnuncioG0425-050617-0003_gl.html
ou chamando a Casa de Pedra 981737004 (Ali Trillo).