O Concello

Departamentos

* FESTIVAIS FIN DE CURSO ESCOLAS CULTURAIS DE TEATRO E BAILE E MÚSICA TRADICIONAL 06/06/2017

FESTIVAIS FIN DE CURSO ESCOLAS CULTURAIS DE TEATRO E BAILE E MÚSICA TRADICIONAL

O Concello de Camariñas organiza o acto de fin de curso das escolas culturais de teatro, música e baile tradicional para os días 10 e 11de xuño

O sábado 10, ás 18:00h, no salón de actos da Casa de Pedra, os alumnos de teatro de cada parroquia subirán ao escenario para representar a seguintes pezas:

Grupo de nenos/as Camariñas: “A galiña”.
Grupo de nenos/as da Ponte do Porto: ” Frederik”
Grupo de nenos/as de Camelle: “ A aprendiz de bruxa”

Rematará coa posta en escena do grupo de mozos/as da Ponte do Porto da peza “A aula de tocamerrroque”

O domingo 11, ás 17:30h comezará a exhibición de baile e música tradicional. Cento trinta e un alumnos destas especialidades congregaranse , salvo inclemencias meteorolóxicas, na Praza do Concello para mostrarnos a súa arte. Gaiteiros, tambores e bombos acompañarán coas súa música en directo algunhas pezas de baile tradicional coidadosamente seleccionadas e os acordeonistas ofrecerannos un pequeno concerto en solitario.


© by Abertal