O Concello

Departamentos

* FESTIVAIS FIN DE CURSO ESCOLAS CULTURAIS DE BAILE LATINO E MODERNO E MÚSICA MODERNA 25/05/2017

FESTIVAIS FIN DE CURSO ESCOLAS CULTURAIS DE BAILE LATINO E MODERNO E MÚSICA MODERNA

O sábado 27 de maio o Concello de Camariñas comezará o peche de fin de curso das escolas culturais. Ás seis da tarde e na casa de pedra teremos unha exhibición dos alumnos e alumnas da escola municipal de baile latino e moderno. Ademais contaremos como invitados especiais coas galardoadas parellas de Club de Baile Deportivo Narón

O domingo 28 de maio, tamén na Casa de Pedra, e neste caso ás cinco e media será a exhibición dos alumnos e alumnas da escola municipal de música moderna.

A actividade de baile latino comezou no curso 2015-2016. Xa daquela notamos unha gran demanda por parte da veciñanza. Neste curso 2016-2017 foron 145 alumnos os inscritos nesta actividade , aumentando nun 13% respecto ao ano anterior. Tanto adultos coma nenos están atraídos nesta disciplina.

Ca música moderna xa levamos varios anos. Neste curso tivemos novidades. Cambiamos o lugar das clases para a Casa de Pedra, na que preparamos acústicamente dúas aulas. E engadimos unha disciplina máis, a batería.

Un total 67 futuros músicos encheron as nosas aulas este curso, entre os que se inclúen os alumnos de música e movemento.


© by Abertal