Estimadas familias:
A Deputación de A Coruña oferta a posibilidade de que 3 nen@s, de entre 9 e 14 anos cumpridos no presente 2017, do noso Concello podan participar nunha nova edición dos Campamentos Deportivos.
Dito campamento desenvolverase en Culleredo, no Centro Residencial Docente, a quenda que lle corresponde aos nen@s do noso Concello será do 26 de agosto ao 1 de setembro .
O transporte correrá por conta dos participantes ata as instalación de recepción d@s nen@s
O CUSTO MARCADO POLA DEPUTACIÓN é de 85€ como cota de participación segundo informa a mesma Deputación .
Para anotarse en dita campaña tedes que vir polo Concello (Departamento Deportes) e cubrir unha ficha de inscrición.
Por orde da Deputación os Concellos que, unha vez rematado o prazo de inscrición, teñan máis solicitudes que o número de prazas que asignou a Deputación , realizarase un sorteo público diante da Secretaria Municipal do Concello de Camariñas.
A data límite de inscrición será o venres 16 de xuño.
Para máis información non dubidedes en chamar ao Concello de Camariñas de luns a venres de 9'30 a 13'30 ao 981-736000 e preguntar por Fran Puga o Coordinador de Deportes.