5ª edición do Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte 13/03/2017
5ª edición do Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte
Os Concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Vimianzo, a través dos seus dptos. de deportes, poñen en marcha a 5ª edición do Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte.
Os oito roteiros que este ano nos amosarán distintos currunchos da nosa fermosa xeografía, estarán enmarcados nun programa cunha normativa común. As distancias das rutas poderán variar entre os 10 e os 15 quilómetros aproximadamente e a organización poderá modificar o percorrido previsto se así o estima por razóns de seguridade. As andainas comezarán ás 10:00 e rematarán entre as 13:00 e as 15:00.
As datas da 5ª edición do Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte
- 1 de abril Dumbría: Olveiroa, río e pedra (lineal).
- 8 de abril Cee: Da Xunqueira a San Estevo: tralas pegadas dos nosos ancestros (lineal).
- 22 de abril Ponteceso: Pazos e río Anllóns (lineal).
- 6 de maio Camariñas: De costa a costa (circular).
- 13 de maio Muxía: Ponte Constante-Caldeiras do Castro (lineal).
- 20 de maio Corcubión & Fisterra: De faro a faro polo Camiño de Santiago (lineal).
- 03 de xuño Vimianzo: Os muíños de Cambeda (circular).
- 10 de xuño Mazaricos: Ruta da Pontenoca (circular).
Inscrición Para participar no programa, débese formalizar a inscrición no Concello de cada un e no caso de non pertencer a ningún dos Concellos organizadores, pódese formalizar en calquera deles. A inscrición é gratuita.