O Concello

Departamentos

* Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2017 01/03/2017

Convocatoria probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais 2017

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2017.  

Carnés profesionais:
-  Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
-  Carné profesional de operador / a de guindastre torre
-   Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
-   Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B  

Habilitacións profesionais:
-  Operador / a industrial de caldeiras
-  Instalador / a de gas, categoría A
-  Instalador / a de gas, categoría B
-  Instalador / a de gas, categoría C
-   Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
-   Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
-   Reparador /a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
-   Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
-   Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
-   Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.  

REQUISITOS:
-   Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente.
-   Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.  

TAXAS DE EXAME: 38,75 €

PRAZO:
-  Convocatoria ordinaria: Do 2 ó 15 de marzo de 2017
-  Convocatoria extraordinaria: Do 3 ó 14 de xullo de 2017

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170228/AnuncioG0164-210217-0001_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal