Precisas axuda coa túa horta? Tes unha praga ou enfermidade nas túas plantas e non sabes como curalas? Gustaríache facer un curso relacionado coa agricultura ou o medio ambiente? Tedes á vosa disposición o servizo GRATUÍTO de Formación Medioambiental no Concello de Camariñas! O servizo está financiado polo Plan provincial do Medio Ambiente da Deputación da Coruña.
Mediante este servizo, trataremos de mellorar os vosos coñecementos na área agraria, medioambiental e da sustentabilidade do Concello, mediante a difusión de cursos para aprender a podar, enxertar ou utilizar alternativas ós produtos fitosanitarios.
Ademais, impartiremos charlas informativas sobre temas actuais de interese, como pode ser a ameaza da avespa velutina (avespa asiática), outras pragas que se están a expandir no noso territorio (coma o caruncho –polilla- peruana da pataca), reciclar correctamente ou que facer cos trastes vellos dos que nos queremos desfacer!
Irémolo anunciando nas Redes Sociais do Concello!
Ante calquera dúbida, petición ou suxestión, poñédevos en contacto no teléfono 610.568.051, correo electrónico mediambiente@camarinas.net, ou pasádevos pola Casa do Concello, na primeira porta á dereita ao carón da entrada. O horario ata o finais de Febreiro vai ser os Mércores de 9:00 a 14:00 e os Xoves de 9:00 a 11:00.
Dende o Concello de Camariñas, proximamente realizaremos os seguintes cursos:
A AVESPA VELUTINA (avespa asiática): que é, de onde vén, que efectos negativos ten sobre o medio ambiente e os riscos que lles supón ás abellas e ó ser humano, ademais de que facer se nos atopamos cun niño.
Curso de ENOLOXÍA: aproveita e lúcete nas festas do Nadal co que aprenderás dos viños brancos, tintos, espumosos, bebidas de alta graduación e vinificación especial (vermú, viños finos de Xerez...). Non o perdas!
Curso de ENXERTO: técnicas para enxertar, patróns, cultivos comúns de enxerto. Aprenderás as técnicas máis comúns de enxerto, os patróns máis utilizados, así coma o uso correcto da ferramenta. Anímate!
Curso de PODA: técnicas de poda, xestión das árbores froiteiras máis comúns e xestión dos restos das podas.
Anímate! Ponte en contacto connosco chamando ó 610.568.051, correo electrónico mediambiente@camarinas.net, ou pásate polo Casa do Concello, na primeira porta á dereita ao carón da entrada. O horario ata o finais de Febreiro vai ser os Mércores de 9:00 a 14:00 e os Xoves de 9:00 a 11:00. O servizo está financiado polo Plan provincial do Medio Ambiente da Deputación da Coruña.