O Concello

Departamentos

* 1ª EXPO RÍA CAMARIÑAS. DO 19 ao 20 de agosto 17/08/2016

1ª EXPO RÍA CAMARIÑAS. DO 19 ao 20 de agosto

O Concello de Camariñas coa cofinanciación da Deputación da Coruña organiza esta feira-exposición cun amplo programa de actividades.

O venres 19 ás 20:00h realizarase o acto inaugural na Carpa situada na praza do mercado de Camariñas.

O sábado e domingo desenvolveránse no Centro Cultural Casa de Pedra, os relatorios Camariñas, mar de riquezas, as sesións contínuas de vídeos con temática relacionadas co mar e Camariñas e as exposicións Mar de riquezas composta por Galicia Biodiversidad (CEIDA), Cos pés na área (Mar de Fábula e RetoqueRetro) e Enredadas (Fundación Galega de Artesanía).

Teatro na rúa, obradoiros para nenos e nenas, degustacións de productos da ría, ruta de tapas da Ría, Campionato de pesca nocturna de calamar e outras moitas actividades ofertanse ao visitante desta Expo Ría Camariñas.

Descargas relacionadas


© by Abertal