O Concello

Departamentos

* Figuras da liga ASOBAL de Balonmán, nun evento único en Camariñas 20/06/2016

Figuras da liga ASOBAL de Balonmán, nun evento único en Camariñas

O local Victor Vigo, o internacional absoluto Pedro Rodríguezou o subcampión de liga Pablo Cacheda ofrecen un Clínicúnico en Camariñas, este próximo mércores, 22 de Xuño, decinco a oito da tarde.

Trátase do Primeiro Clínic de Balonmán Víctor Vigo, dedicado a nenos e nenas nacidos entre2007 e 2000, ambos inclusive. Un clinic consiste nun adestramento técnico, dirixido porprofesionais e figuras contrastadas. nesta ocasión esas figuras serán:

Víctor M. Vigo Gerpe (Camariñas 1984), xogador do Naturhouse La Rioja, equipo subcampión daLiga Bauhaus Asobal.

Pedro Rodríguez Álvarez (Vigo 1990) , internacional absoluto coa selección Española deBalonmán, ata esta tempada xogador do Naturhouse La Rioja, equipo subcampión da LigaBauhaus Asobal. A tempada próxima militará no Pick Szeged de Hungría.

Pablo Cacheda González (Lalín 1992), xogador do Naturhouse La Rioja, equipo subcampión daLiga Asobal.

Sarai Sanmartín Lago, xogadora do Bm Porriño da DH Liga Loterías Bm Feminino, finalista daCopa da súa Maxestade A Raíña, 2016.

Iris Sanjuan Soto, xogadora do Bm Porriño da DH Liga Loterías Bm Feminino, finalista da Copada súa Maxestade A Raíña, 2016.

Abel Estévez Carrera, adestrador do Bm Porriño da DH Liga Loterías Bm Feminino, finalista da Copa da súa Maxestade A Raíña, 2016.

Esta xornada técnica contará co apoio constante en todo momento dos anteriores deportistas eadestradores/as do Bm Camariñas Conservas Boya nas diferentes categorías.Como asistentes contase xa coa presencia confirmada de xogadores/as de Bm Arteixo, BmCamariñas, Bm Culleredo, Bm Narón, Bm Xallas e moi probablemente do Bm Ártabro, BmRibadosar e da Esc. Mpal de Bm de Muxía.A actividade é totalmente gratuíta para os participantes e tantos profesores/as coma osxogadores/as que participan nela, son os que o convirte nun evento único e ademais totalmentealtruísta e desinteresado.

Levarase a cabo de 17 a 20h, dividindo os participantes en grupos por categorías. Os e asparticipantes recibirán un diploma e unha camiseta pola súa participación.

Organiza o Concello de Camariñas Colaboran Conservas Boya e o Clube Balonmán Camariñas.

Mais información:
Jose Manuel Canosa Campaña,
Concelleiro de Deportes,
Concello de Camariñas
607 110 730


© by Abertal