O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, varias resolucións no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 17 de marzo de 2016 pola que se publican relacións de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación en varias categorías
Resolucións publicadas:
- Relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal da categoría de persoal de servizos xerais
- Relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría de condutor/a
- Relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de inscrición de aspirantes para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a.
As listas de admitidos/as e excluídos/as coa asignación da puntuación e a orde de prelación atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
RESOLUCIÓNS DO DOG:
Servizos xerais:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160317/AnuncioG0003-140316-0002_gl.pdf
Condutor/a:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160317/AnuncioG0003-140316-0003_gl.pdf
Calefactor/a, electricista, fontaneiro/a, mecánico/a:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160317/AnuncioG0003-140316-0001_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00