A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Facenda publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 26 de febreiro unha resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2015 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia reguladas polo decreto 37/2006.
As listas pódense consultar no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal) no punto Función Pública.
As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela)
Unha vez realizadas as emendas procedentes, darase publicidade das puntuacións definitivas mediante publicación da oportuna resolución no DOG.
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160226/AnuncioCA01-220216-0002_gl.pdf
ENLACE PARA CONSULTA-LAS LISTAS:
http://www.xunta.es/funcion-publica/contratacion-temporal/consulta-das-listas-decreto-37-2006
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00