As asociacións que estean interesadas en solicitar unha actuación de música e teatro non profesionais dentro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña poden facelo desde o 21 de marzo ata 9 de abril do 2011 ámbolos dous incluídos.
Poderán solicitar actuacións dos grupos incluídos no XXVII Programa de Música e Teatro para grupos non profesionais todas aquelas entidades sen ánimo de lucro da provincia, que estean xuridicamente constituídas, e que teñan entre as súas finalidades a promoción da cultura.
A guía na que figuran tódolos grupos e formacións inscritas na “Rede Cultural” pode consultarse no enderezo de internet, www.dicoruna.es.
Na web da Deputación tamén está dispoñible o impreso A2 : modelo de solicitudes para entidades.
Lembrámoslles que antes de realizar as solicitudes deberán contactar co grupo ou intérprete para concretar as condicións da actuación, dado que aquelas que non teñen a súa conformidade non serán tidas en conta.
Se necesitan máis información poden dirixirse ao Servizo de Cultura – Biblioteca, telf. 981737234.