O Concello

Departamentos

* PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS 28/01/2016

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de xaneiro pola que se convocan as probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) para maiores de 18 anos, nas convocatorias de maio e setembro.


Requisitos das persoas aspirantes:
 
- Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
- Non estar inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, número 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
- Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2015/2016 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
- O alumnado matriculado durante o curso 2015/16 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

• Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
• Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Prazos de matrícula:

- Convocatoria de maio: do 7 ó 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos
- Convocatoria de setembro: do 1 ó 10 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160128/AnuncioG0164-210116-0001_gl.pdf 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00


© by Abertal