Axudas económicas, a través da Tarxeta Benvida,Para as familias que no ano 2016, teñan un fillo/a ou, adopten un neno/a menor dun ano
A Consellería de Política Social convoca axudas económicas, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2016.
Finalidade: Conceder unha axuda económica para as familias que teñan fillos ou fillas, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2016.
Requisitos:
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que a renda da unidade familiar do ano 2014 non supere os 45.000 € ou, que a renda per cápita, entendida como a suma das bases impoñibles xeral e do aforro dividida entre o número de membros da unidade familiar, non supere os 13.500 €.
- Ter un teléfono mobil (para os efectos de activar a tarxeta benvida).
- Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.
Contía da axuda: 1200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla; a axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida (esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación).
Documentación:
- A solicitude (Anexo I) e o Anexo II.
- A copia dos DNIs dos proxenitores (nai/pai).
- A copia do libro ou libros de familia da unidade familiar.
- A copia da resolución xudicial que declare a adpoción, de selo caso.
- O Volante de empadroamento colectivo (é gratuíto e se solicita no Concello).
- As copias das declaración da renda do ano 2014 dos país.
Prazo e Lugar de solicitude: o prazo de presentación da solicitude será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento, a solicitude achegarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, ou en soporte papel. Para máis información nos servizos sociais de atención primaria do Concello de Camariñas, telef.: 981-73 70 04.