O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas publica as actividades de entroido 22/01/2016

O Concello de Camariñas publica as actividades de entroido

Os tardes de entroido, de sábado a luns, haberá festas na Ponte do Porto, en Camelle, en Xaviña e en Camariñas. Contaremos con moita animación e música, inchables, obradoiros de globoflexia, e nalgúns casos karaoke ou fotomatóns. Cabe destacar que a festa en Xaviña faise en colaboración ca Asociación Abrindo Rejo onde, coma todos os anos, terán orellas, filloas, chocolate e rifarán o seu tradicional porquiño.

As tardes do entroido teremos unha exibición do grupo de baile "Ponte a bailar". Será tamén en todas as parroquias, nas que máis de 50 bruxos e bruxas encherán as rúas de maxia, música e malabarismos.

O martes de entroido, día festivo, repartiremos máis de 1000 euros en premios no concurso de minicomparsas e comparsas. Animamos a toda a poboación a participar e axudamos con 5 euros por compoñente a cada comparsa que se presente. Podedes apuntarvos e ver as bases do concurso na biblioteca municipal.O concurso realizarase pola tarde e no pavillón municipal de Camariñas. Será unha gran festa na que contaremos con moita animación, hinchables, palomitas e algodón de azúcar.

O colofón final terémolo o sábado seguinte ao entroido. Todo parece indicar que a nosa amiga a Sardiña falecerá despois de tanta enchenta no entroido. Os seus amigos e familiares rogan unha presencia multitudinaria ao seu funeral. O velatorio será as 18:30 na Casa de Pedra. Agradécese vir de luto e chorar moito. Dende alí, o séquito sairá hacia a Praza do Mercado onde será o funeral e inhumación da querida sardiña. A música acompañaranos na marcha e ao final haberá unha gran chocolatada para cumplir cas últimas vontades da finada.

Agardamos que pasedes un bo entroido.

Descargas relacionadas


© by Abertal