O Concello

Departamentos

* Tícket Eléctrico Social de Galicia 20/01/2016

Tícket Eléctrico Social de Galicia

O Instituto Enerxético de Galicia convoca axudas económicas para o pagamento de parte da factura da luz, a través do tícket eléctrico social de Galicia para o segundo semestre de 2015 e primeiro semestre do 2016, para as familias con fillos menores a cargo ou con algún membro discapacitado cun grao = > 33% e cuxos ingresos non superen  1,5 veces o IPREM (9585,19 €/ano).  

Finalidade: Conceder un tícket eléctrico social ás familias que convivan con fillos menores de 18 anos ou con algún membro discapacitado e,  nas cales a suma dos ingresos totais da unidade de convivencia non superen  1,5 veces o IPREM ((9585,19 €/ano).  

Requisitos e contía da axuda:
-          Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
-          Ter fillos menores a cargo ou ter discapacitados cun grao = > 33%
-          Ser o pagador da correspondente factura de enerxía eléctrica.
-          Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.
-          Só se poderá presentar unha única solicitude por unidade de convivencia.
-          Establécese unha Contía de 180 €/ano e, ata 300 €/ano se é familia numerosa.  

Documentación:         
-          Os  orixinais dos DNI de todos os convivintes da unidade de convivencia.
-          O orixinal do libro de familia, de ter menores a cargo.
-          O volante de empadroamento colectivo (este é gratuíto e se pide no Concello)
-          As  declaracións da renda do ano 2014 de todos os convivintes ou certificados de imputación de rendas do dito ano.
-          Os orixinais das facturas dos correspondentes semestres e xustificantes bancarios do pagamento destas (facturas cuxo período de lectura estea entre o 01/07/2015 e o 30/06/2016); as ditas facturas deberán estar a nome do solicitante.
-          O orixinal do título de familia numerosa, se é o caso.
-          Os orixinais dos certificados de discapacidade, se é o caso.  

Prazo e Lugar de solicitude: Ata o día 31 de xullo de 2016 ou, antes de finalizar o dito prazo, se se esgotase o crédito establecido na convocatoria;  a solicitude achegarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, ou, http://ticketelectrico.xunta.es; será necesario o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia; ou, se non dispón destes documentos, nos servizos sociais de atención primaria do Concello de Camariñas; deberá pedir cita previa chamando ao telef.: 981-73 70 04.                                                                                   

Camariñas, 18 de xaneiro de 2016
A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade
Sandra Insua Rial

Descargas relacionadas


© by Abertal