O Concello

Departamentos

* RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 13/01/2016

RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS

CONVOCATORIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA 

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 11 de xaneiro de 2016 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. 

Convocadas unidades de competencia das cualificacións profesionais de: 
-    Atención sociosanitaria a persoas no domicilio    SSC089_2
-    Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais SSC320_2
-    Servizos para o control de pragas SAG028_2
-    Xestión de servizos para o control de organismos nocivos SEA251_3
-    Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2 
-    Socorrismo en instalacións acuáticas AFD096_2
-    Extinción de incendios e salvamento SEA129_2
-    Confección e mantemento de artes e aparellos MAPO05_2
-    Aproveitamentos forestais AGA343_2
-    Tanatopraxia SAN491_3 

Requisitos:
 

  • Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
  • Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
  • Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar. 
  • Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
  • Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.          
  • Non estar matriculado /a nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
  • Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/es de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita.
  • Non estar inscrito/a noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia.
Prazo: do 12 de xaneiro ata o 10 de febreiro de 2016 (inclusive) para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:    
      
-    Atención sociosanitaria a persoas no domicilio    SSC089_2
-    Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais SSC320_2
-    Servizos para o control de pragas SAG028_2
-    Xestión de servizos para o control de organismos nocivos SEA251_3
-    Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2 
-    Socorrismo en instalacións acuáticas AFD096_2
-    Confección e mantemento de artes e aparellos MAPO05_2 

Prazo: do 12 de abril ata o 11 de maio de 2016 (inclusive) para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:   

-    Aproveitamentos forestais AGA343_2
-    Tanatopraxia SAN491_3 

IMPORTANTE:
 

-       Aquelas persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria (publicada a través da Resolución do 27 de novembro de 2014) nas cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais NON teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación, só terán que formalizar o pagamento das taxas. 

A partir do 25 de xaneiro a través da páxina web da consellería http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional indicarase a cada persoa o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento    

-       Para a cualificación de extinción de incendios e salvamento non se admitirán novas inscricións dentro desta convocatoria. Só se admitirán as 250 persoas que quedaron con maior puntuación nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria a través da Resolución do 27 de novembro de 2014.  

A partir do 18 de abril de 2016 a través da páxina web da consellería http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional indicarase a cada persoa o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento    

ENLACE Á ORDE DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160111/AnuncioG0424-040116-0006_gl.pdf 

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA:
http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746  
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00     

Descargas relacionadas


© by Abertal