O Concello

Departamentos

* PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2016 11/01/2016

PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2016

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 7 de xaneiro as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
 
Destinatarios / as:

-  Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2016, nacionais ou estranxeiras.
 
Prazo de inscrición:
- Do 8 de xaneiro ó 8 de febreiro de 2016 (inclusive) 

Datas de realización das probas:
- Celga 1: 10 de abril de 2016
- Celga 2: 03 de abril de 2016
- Celga 3: 09 de abril de 2016
- Celga 4: 02 de abril de 2016
  
Se o número de aspirantes non permite rematar as probas orais no día sinalado nesta resolución, a avaliación continuará realizándose o día ou días que determine a Comisión Central de Avaliación, que serán debidamente publicitados.

Contía das taxas de exame: 15,61 €
 
Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas. 

Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tres opcións:  

-  Preparalo pola vosa conta
-  Axudarvos dos materiais que podedes descargar de xeito gratuíto na páxina web da Xunta de Galicia no enlace http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga Aquí atoparedes modelos de exames de convocatorias anteriores así como diversos materiais didácticos escritos, de vídeo e audio. 
-  Asistir a un dos cursos gratuítos preparatorios organizados pola Xunta de Galicia en colaboración coas Escolas oficiais de idiomas, concellos e distintas entidades e organizacións.  

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG: 
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160107/AnuncioG0164-291215-0009_gl.pdf  

MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal