O Concello

Departamentos

* Achégate á maxia do Nadal en Camariñas 15/12/2015

Actividades Nadal 2015-2016

Atopa a maxia do Nadal no noso municipio. Quédate uns días entre nós e poderás recibir premios en metálico solo por aloxarte ou  mercar nos comercios que participan nas campañas das asociacións de empresarios de  Camariñas e da Ponte do Porto e por goza dos mellores peixes e mariscos da Costa da Morte nos nosos restaurantes.

A maxia do Encaixe de Camariñas vaite enfeitizar. Escoita o repique dos palillos nas rúas de todo Camariñas. Visita o Museo do Encaixe e entra nas tendas ou na web Mecam.net e atoparás o agasallo perfecto para este Nadal.

Desfruta tamén dos titiriteiros, contacontos, malabaristas e teatreiros que percorrerán todas as parroquias. Ou reláxate facendo ioga, patina sobre xeo, participa na carreira do Nadal ou camiña polas rutas de sendeirismo.

O faro Vilán é o guía do mar bravo da Costa da Morte. Descobre decenas de naufraxios  no teu móbil coa app Layar, ou na web rutadelosnaufragios.com, e redescobre ao alemán de Camelle no novo Museo MAN de Camelle.

A ilusión do Nadal terá o seu colofón no percorrido da cabalgata dos Reis Magos de Oriente polo concello.

Toda a maxia do Nadal, este ano en Camariñas.

Campaña de promoción e dinamización do comercio e da artesanía co financiamento da Deputación da Coruña.

Descargas relacionadas


© by Abertal