O Concello

Departamentos

* 1ª XORNADAS “ALGAS EN CAMARIÑAS - O ENCAIXE DO MAR” DO 5 ao 8 DE DECEMBRO 02/12/2015

1ª XORNADAS “ALGAS EN CAMARIÑAS - O ENCAIXE DO MAR” DO 5 ao 8 DE DECEMBRO

1ª XORNADAS  “ALGAS EN CAMARIÑAS - O ENCAIXE DO MAR” DO 5 ao 8 DE DECEMBRO

Do 5 ao 8 de decembro terá lugar en Camariñas a I xornadas “Algas en Camariñas - O Encaixe do Mar”. Unha actividade organizada polo Clube Náutico de Camariñas e na que colabora o Concello de Camariñas, a Asociación de Empresarios do municipio e a empresa Portomuiños. 

As actividades que ofrece estas xornadas son: 

-RUTA DE TAPAS. Do 5 ao 8 de decembro o visitante pode degustar tapas e menús elaborados con algas nos seguintes establecementos de Camariñas: Clube Náutico de Camariñas, O Curbeiro, Komarea, Gaivota, Moleda, O Percebe, A Ría, O Bico, Oasis, A Mariña Vila de Ouro, Stella del Mare, Porto Arnela

-CONFERENCIA SOBRE ALGAS.  Sábado día 5 ás 11:00h no Faro Vilán a cargo de Alfredo J. Veiga Villar doctor en Ciencias Biolóxicas pola USC

-ANDAINA. Domingo día 6 ás 10:00h dende o Concello ata a praia de Lago para explicar o proceso de recollida de algas a cargo de Antonio Muiños fundador de Funxicultura Muiños

-DESFILE DE MODA o domingo día 6 de decembro ás 16:30, na praza do concello celebrarase un desfile de moda. En caso de choiva trasladarase ao Centro Cultural Casa de Pedra. Un pase de modelos de Camariñas que lucirán todo tipo de pezas e tamén xoiaría e bixutaría, que se pode adquirir nos comercios da vila. Nesta actividade organizada polo Concello de Camariñas e a Asociación de empresarios do municipio, desfilan coleccións de Maria Campaña, Kerubín, Calzados Silvia, Ou Recuncho de Chus, Guillermina Moda, LadyXul e Xoiaría A Caramiña. Contarase con música en directo a cargo de Ana Canosa-

O martes 8 decembro ofértanse VISITAS GUIADAS polo municipio: ruta Na beira do mar con horarios de saída ás 10:30 e Ruta: Historias mariñeiras con saída a as11:15. Estas rutas saen desde a Oficina de Información Turística de Camariñas e serán guiadas por: Jaqui Fateira. Mariñeira, mariscadora e dona do Vilán II, embarcación de pesca e Bernardino Martinez experto en historia local. Tamén se oferta unha visita guiada ao Museo de Encaixe ás 12:00h


© by Abertal