O Concello

Departamentos

* PROBAS PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE DE CONDUTOR PROFESIONAL TRANSPORTE DE MERCADORÍAS OU DE VIAXEIROS POR ESTRADA 23/11/2015

PROBAS PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE DE CONDUTOR PROFESIONAL TRANSPORTE DE MERCADORÍAS OU DE VIAXEIROS POR ESTRADA

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 20 de novembro unha resolución pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2016.  

Realizaranse 9 convocatorias para as categorías D1,D1+E, D, D+E, C1, C1+E, C, C+E  

Datas de realización das probas:  
-     Primeira convocatoria: entre o 20 de xaneiro e o 3 de febreiro de 2016  
-     Segunda convocatoria: entre o 24 de febreiro e o 9 de marzo de 2016  
-     Terceira convocatoria: entre o 6 de abril e o 20 de abril de 2016  
-     Cuarta convocatoria: entre o 18 de maio e o 1 de xuño de 2016  
-     Quinta convocatoria: entre o 22 de xuño e o 6 de xullo de 2016  
-     Sexta convocatoria: entre o 27 de xullo e o 10 de agosto de 2016  
-     Sétima convocatoria: entre o 14 de setembro e o 28 de setembro de 2016  
-     Oitava convocatoria: entre o 2 de novembro e o 16 de novembro de 2016  
-     Novena convocatoria: entre o 7 de decembro e o 21 de decembro de 2016    

Prazo de inscrición ás probas:
-     Primeira convocatoria: do 23 de novembro de 2015 ó 30 de decembro de 2015 (ambos inclusive)  
-     Segunda convocatoria: do 31 de decembro de 2015 ó 5 de febreiro de 2016 (ambos inclusive)  
-     Terceira convocatoria: do 6 de febreiro ó 18 de marzo de 2016 (ambos inclusive)  
-     Cuarta convocatoria: do 19 de marzo ó 29 de abril de 2016 (ambos inclusive)  
-     Quinta convocatoria: do 30 de abril ó 3 de xuño de 2016 (ambos inclusive)  
-     Sexta convocatoria: do 4 de xuño ó 8 de xullo de 2016 (ambos inclusive)  
-     Sétima convocatoria: do 9 de xullo ó 26 de agosto de 2016 (ambos inclusive)  
-     Oitava convocatoria: do 27 de agosto ó 14 de outubro de 2016 (ambos inclusive)  
-     Novena convocatoria: do 15 de outubro ó 18 de novembro de 2016 (ambos inclusive)  

Documentación a presentar:  
-     Impreso de solicitude axustado ó modelo normalizado
-     Impreso de autoliquidación de taxas
-     No caso de non prestar o consentimento para que a Administración consulte telematicamente os datos de identidade e residencia, a persoa aspirante deberá achegar tamén copia do DNI e, de ser o caso, da documentación que acredite a súa residencia habitual en Galicia.  

As persoas aspirantes excluídas ou non admitidas á realización das probas poderán solicitar a devolución das taxas que aboasen, de ser o caso,  presentando para o efecto unha solicitude axustada ó modelo normalizado.  

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:   
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151120/AnuncioG0423-121115-0017_gl.pdf    

MÁIS INFORMACIÓN:  
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746   
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal