O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 4 de novembro unha resolución pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias e entidades adscritas á Consellería de Sanidade de diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos.
Categorías:
- Calefactor/a
- Electricista
- Fontaneiro/a
- Mecánico/a
As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es
Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude que deberán dirixir ás direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e ás direccións con competencias na xestión de persoas das entidades adscritas á consellería de Sanidade.
As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
As persoas que formalizasen a súa solicitude de inscrición nas listas correspondentes a estas categorías con posterioridade ao 27 de xullo de 2015 incluiranse na relación de admitidos/as e excluídos/as do seguinte proceso de xeración de listas que se efectúe.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151104/AnuncioG0003-291015-0001_gl.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00