O Concello

Departamentos

* PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA 15/10/2015

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA

Sae publicada no DOG de 9 de outubro de 2015 a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Todas aquelas persoas que se anotaron este ano nas listas deben comprobar canto antes a súa situación xa que se abre un prazo de reclamacións. 


Información publicada:


- Solicitantes admitidos /as na lista con indicación da   puntuación provisional.
- Solicitantes excluídos / as con expresión da causa de exclusión    

Prazo de reclamacións:
  10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia).   

As reclamacións presentarante ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela)

No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluídas non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión quedará definitivamente excluída.   

As listas poden consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Servizo de Información do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia www.xunta.gal na epígrafe Función Pública.
 
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151009/AnuncioCA01-051015-0002_gl.pdf

CONSULTA DAS LISTAS:

http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 

CASA DE PEDRA  981737004 / 653260746 
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal