O Concello

Departamentos

* Amigos da Terra -- Fogares Verdes no concello de Camariñas 02/09/2015

Amigos da Terra -- Fogares Verdes no concello de Camariñas

Amigos da Terra comezou o luns 31 de agosto co programa de Fogares Verdes no concello de Camariñas  

O luns 31 de agosto tivo lugar a primeira xuntanza do programa Fogares Verdes no Concello de Camariñas a cargo de Amigos da Terra. Esta actividade está encadrada nunha campaña de educación e sensibilización ambiental fronte o cambio climático, baseada na redución do consumo de enerxía e auga a nivel doméstico e a través de pequenos xestos diarios.  

O reto proposto por este programa ás familias participantes é o de acadar unha redución de un 5% nas súas emisións de CO2, o cal se verá reflectido nas súas facturas de auga e electricidade, todo isto seguindo uns sinxelos consellos.

Este proxecto, que terá unha duración de 5 meses, dende agosto ata decembro deste ano, consta dunha fase formativa, composta por tres xuntanzas de grupo e unha fase práctica individualizada na que as persoas técnicas de Amigos da Terra visitarán a cada unha das familias participantes para axudarlles a implementar diferentes medidas de aforro e así mesmo facer un seguimento do programa.  

Nesta primeira xuntanza ás persoas que participaron no programa tiveron a oportunidade de coñecerse e comentar as motivacións e intereses que as levaron a apuntarse nesta nova proposta ambiental do concello. Tamén se realizou unha dinámica que permitiu visibilizar as accións que xa se estaban levando a cabo de xeito individual. Por último, e a través de fichas con tarefas relacionadas coa eficiencia enerxética e o aforro de auga, as persoas participantes poderán escoller as medidas máis adecuadas para empezar a traballar dende agora ata a próxima xuntanza, que terá lugar a mediados de outubro.  

O único requisito para formar parte do mesmo, é ser veciño/a do Concello de Camariñas, e estar disposto/a e motivado/a a formar parte deste proxecto educativo e formativo.  

O proxecto está financiado por Amigos da Terra, pola Deputación de A Coruña e polo Concello de Camariñas.


Máis información: Amigos da Terra:  
Raquel Fernández, 988 37 43 18,
cambioclimatico@amigosdaterra.net

Concello de Camariñas:
Sergio Caamaño,
sergio.caamano@camarinas.net


© by Abertal