O Concello

Departamentos

* FOGARES VERDES 18/08/2015

FOGARES VERDES

Amigos da Terra colabora co Concello de Camariñas na posta en marcha do programa Fogares Verdes, unha campaña de educación e sensibilización ambiental fronte o Cambio Climático, baseada na redución do consumo de enerxía, auga e transporte a nivel doméstico a través de pequenos xestos diarios.

O programa da comezo este mes de agosto con unha charla informativa que terá lugar o día 27 na Casa de Pedra.

O reto proposto por este programa ás familias participantes é o de acadar unha redución de como mínimo un 5% (como establece o protocolo de Quioto) nas súas emisións de CO2 , o cal se verá reflectido nas súas facturas de auga e electricidade, todo isto seguindo uns sinxelos consellos.

Este proxecto, no que participarán 20 fogares do concello de Camariñas dende agosto ata decembro deste ano, consta dunha fase formativa que se iniciará nas próximas semanas, e unha fase práctica na que as persoas técnicas de Amigos da Terra visitarán a cada unha das familias participantes para axudarlles a implementar diferentes medidas de aforro e así mesmo facer un seguimento do programa.

O único requisito para formar parte do mesmo, é apuntarse na Casa de Pedra ou chamar ao 981737004.

O proxecto está financiado por Amigos da Terra, a Deputación de A Coruña e o Concello de Camariñas.

Máis información: Amigos da Terra     
Raquel Fernández,  988 37 43 18,
cambioclimatico@amigosdaterra.net


© by Abertal