O Concello

Departamentos

* Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA) 14/08/2015

Cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (CELGA)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 13 de agosto de 2015, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) en varias escolas oficiais de idiomas da Galicia.  

Os cursos terán carácter gratuíto. Impartirante entre setembro de 2015 e maio de 2016 (consultar lugares de impartición e datas na convocatoria do DOG no enlace que se sinala máis abaixo)  

Persoas beneficiarias:  

-      Cursos de linguaxe administrativa galega.
o   Persoal das diferentes administracións públicas de Galicia excepto persoal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitaria.
o   Persoas maiores de 16 anos que non sexan empregadas públicas e posúan os certificados ou acreditacións necesarias para acceder a cada un dos cursos. Neste suposto só se poderá optar ás prazas no caso de que non sexan cubertas por empregados/as públicos/as as prazas ofertadas para cada curso.  

-      Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga).
o   Persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.  

As solicitudes presentarante na Secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.  

Prazo de presentación de solicitudes:  

-      Cursos do primeiro cuadrimestre: 14 agosto – 11 setembro 2015
-      Cursos do segundo cuadrimestre: 14 decembro 2015 – 4 xaneiro 2016.  

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150813/AnuncioG0164-040815-0004_gl.pdf

ENLACE PARA DESCARGAR O FORMULARIO:
https://sede.xunta.es  

MÁIS INFORMACIÓN:  
EOI A Coruña 981279100
EOI Ferrol 981324025
EOI Santiago de Compostela 981554710
EOI Lugo 982224893
EOI Ourense 988366073
EOI Pontevedra 988833018
EOI Vigo 9862602  

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746
mseijas.desenvolvemento@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00     


© by Abertal