O Concello

Departamentos

* O Concello de Camariñas tamén participa este ano nas actividades LECER CONSUMO 12/08/2015

O Concello de Camariñas tamén participa este ano nas actividades LECER CONSUMO

O Concello de Camariñas tamén participa este ano nas actividades LECER CONSUMO que o Instituto Galego de Consumo ao través da Escola Galega de Consumo organiza para nenos e nenas de entre 3 e 16 anos.

Estes obradoiros que pretenden mellorar a formación dos futuros consumidores e consumidoras e polo tanto, reforzar a súa protección diante dos avatares do mercado desenvolveranse na CASA DE PEDRA DE CAMARIÑAS o xoves 20 DE AGOSTO de 2015.

As actividades contarán con monitores e monitoras da Escola Galega de Consumo.

Organizanse dous actividades:
De 10,30 a 11,15h.- Un lecer máxico para nenos e nenas de 3 a 7 anos
De 11,30 a 13,00h. Xincana Lecer, publicidade e TIC para nenos e nenas de 8 a 16 anos 

Máis información e inscricións: Axencia de desenvolvemento local de Camariñas T: 981737004 adl@camarinas.net

Descargas relacionadas


© by Abertal