O Concello

Departamentos

* ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE VERÁN CAMARIÑAS 2015 05/08/2015

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE VERÁN CAMARIÑAS 2015

OBRADOIRO CULTURAL e DEPORTIVO
Actividade orientada a nen@s  NAD@S ENTRE 2011 e 2009 ambos incluídos que se desenvolverá en CAMARIÑAS EN HORARIO DE 10 A 13´30.
HABERÁ DISFRACES, SAÍDAS ÁS PRAIAS, FESTAS, COMIDAS SAUDABLES,

OBRADOIRO MULTIDEPORTIVO
Actividade orientada a nen@s  nad@s entre 2008 e 2005 ambos incluídos.
Desenvolveranse en CAMARIÑAS EN HORARIO DE 10 A 13´30.
HABERÁ ROTEIROS DE SENDEIRISMO ANDANDO OU EN BICI, ACTIVIDADES DEPORTIVAS NAS PRAIAS, COMIDAS SAUDABLES

OBRADOIRO MULTIAVENTURA
Actividade orientada a nov@s  nad@s entre 2004 e 2001. Aventura, saídas BTT, orientación polo monte, sendeirismo, multideportes no medio natural, xogos no mar
AS QUENDAS E TAXAS PARA OS DOUS OBRADOIROS SERÁN:
1ª QUENDA (1xullo-14xullo)
2ª QUENDA
 (15-30 xullo) Non haberá actividade 16 e 17 xullo.
3ª QUENDA (31xullo-14 Agosto)
4ª QUNEDA (17-28 Agosto).

As renovacións faranse nos pavillóns (dirixíndose ao responsable, 3 días antes de rematar a quenda entregando o xustificante de pago) As novas inscricións da 2ª,3ª,4ª quenda faranse no CONCELLO dende as 10 da mañá os días que hai clase 2 días antes de rematar as quendas. TERÁN PREFERENCIA AS RENOVACIÓNS ANTES QUE AS NOVAS
INSCRICIÓNS.

Datas: Os meses de Xullo e Agosto.
Prazo de inscrición: Hai de prazo ata o 25 de xuño para a 1ª quenda. Para máis información chamar ao Concello de Camariñas (981-736000)

CUSTO INDIVIDUAL: Cada quenda terá un custo de 20€.
NO CASO DE REPETIR QUENDA: 10€.
CUSTO FAMILIAR POR QUENDA: 1º MEMBRO: 20€; 2º MEMBRO: 10€; 3º MEMBRO E SEGUINTES: 0€.
NO CASO DE REPETIR QUENDA: 1º MEMBRO: 10€; 2º MEMBRO: 5€; 3º MEMBRO E SEGUINTES: 0€         

CURSO DE INICIACIÓN Á VELA LIXEIRA
Datas: Dende o día 1 de xullo ao derradeiro día laborable de agosto (28 de agosto). Non haberá actividade 16 e 17 xullo.
Idades: Destinado a persoas nadas no 2007 e anteriores É IMPRESCINDIBLE SABER FLOTAR. Horario: 10´00 a 13´30.
Lugar: Peirao de Camariñas.
O curso dividiranse en cursiños de 10 días laborables de luns a venres (NON HABERÁ CLASES OS DÍAS 16 e 17 DE XULLO) Cada cursiño ten un coste de 30 € por persoa + 16 € da licenza. @s nen@s do colexio de Camariñas e CEIP de Ponte do Porto que estiveron participando na actividade  de  O MAR NA ESCOLA durante o curso TEÑEN QUE PAGAR A LICENZA.
Prezo familiar (pai, nai irmáns): O primeiro membro da familia pagaría 30€, o segundo 18€, o terceiro 12€ e o cuarto ou máis 6€.

No caso de non ter licenza, cada participante tería que tramitar a súa licenza TIPO ESCOLA (16€) O número máximo que temos de prazas serían 25 por quenda.

INFORMACIÓN XERAL SOBRE AS TAXAS
Artigo 9.- BENEFICIO FISCAL Todas as actividades que teñan un custo para @ usuari@ para poder participar nelas gozarán de exención do pago todas aquelas persoas pertencentes a un núcleo familiar beneficiario de RISGA  así coma as persoas  maiores de 65 anos e ademais, respecto á tarifa contida dos Obradoiros, todas aquelas persoas membros de unidades familiares usuarias de servizos sociasi que conten co preceptivo informe favorable á exención de Servizos Sociais do Concello de Camariñas.  

ACTIVIDADES NAS PRAIAS PRAIA DE LINGUNDE (Camariñas)
AS PERSOA MAIORES DE 8 ANOS PODERÁ DESFRUTAR e APRENDER a manexarse enriba dun KAIAK (piragua) .
É IMPRESCINDIBLE SABER FLOTAR.
Datas  11 de xullo, 1, 8, 22 de Agosto.
 

Descargas relacionadas


© by Abertal